04 de Abril de 2024
FSG VIGO
Celebramos o 8 de abril, Día Internacional do Pobo Xitano. Unha data que lembra e conmemora o Primeiro Congreso Mundial Xitano, celebrado en Londres en 1971, onde se oficializou a bandeira xitana e o himno xitano Gelem Gelem, ambos símbolos de identidade do pobo xitano.
Foi no devandito Congreso cando se iniciou un proceso de concienciación sobre a necesidade de recoñecer e protexer a historia e a cultura do pobo xitano. En España foi en 2018, a petición do Congreso dos Deputados, cando tivo lugar o recoñecemento do 8 de abril como Día do Pobo Xitano.
Unha data dedicada á memoria dos séculos de persecución que sufriron os xitanos e as xitanas, en España e en Europa. Este é un día para lembrar a Historia do pobo xitano, para rememorar o seu prolongado e arduo peregrinaxe de expulsións ao longo dos séculos, para lembrar ás vítimas do xenocidio nazi e de tantas outras persecucións sufridas.
Cadena ser entrevista a partir min 1.40
GITANOS.ORG
GITANOS EN LA PRENSA