Propostas os partidos políticos para as próximas eleccións ó parlamento de Galicia [editar]
Pola inclusión social da poboación xitana
23 de Agosto de 2016
FSG Galicia
3 de cada 4 personas xitanas encóntranse en situación de exclusión.
Un 4% das familias xitanas seguen vivindo en chabolas.
O abandono escolar temperá da xuventude xitana sitúase no 63% fronte o 21% que representa o conxunto da poboación de España.
A poboación xitana asalariada supón un 37,6 % fronte o 83% da poboación total de España.
A comunidade Xitana formada por case 10.000 persoas en Galicia é un dos grupos que máis sofre a brecha da desigualdade.
Ante esta alarmante situación de desvantaxe social son imprescindibles medidas específicas que garantan a inclusión social das persoas xitanas.
As desigualdades que sufre a poboación xitana en comparación os estándares do resto da poboación prodúcense nos ámbitos clave para a inclusión e o exercicio pleno da cidadanía.
A prioridade está na educación, ferramenta clave para o cambio social, e a nosa principal demanda, pero xunto a iso, cremos que é tamén imprescindible abordar a situación da vivenda, o emprego e a discriminación.
Polo tanto, dende a Fundación Secretariado Xitano, pedimos ós partidos políticos un firme compromiso na próxima lexislatura para:
- Abordar a desigualdade educativa, marcando como obxectivo reducir a metade a taxa actual de abandono escolar temperá. (do 63,7% ó 32%)
- Erradicar o chabolismo e a segregación residencial a través de plans de acceso a unha vivenda digna que contemplen medidas de acompañamento social.
- Incrementar a poboación xitana asalariada ata un 50% e garantir o acceso da xuventude xitana ós recursos dispoñibles para a promoción do emprego xuvenil. (Programa de Garantía Xuvenil)
- Promover a igualdade e a loita contra a discriminación, poñendo en marcha medidas para a eliminación da Discriminación Racial ou Étnica
POLA INCLUSIÓN SOCIAL DA POBOACIÓN XITANA
PROPOSTAS ELECCIONS AUTONOMICAS GALICIA
← VOLVER A LA PÁGINA PRINCIPAL DE ACTUALIDAD