19 de Enero de 2018
FSG VIGO
O IES Ribeira do Louro contacta coa FSX Vigo para establecer unha coordinación e intervir coas familias do alumnado xitano que están no centro, dende a Escola de Nais e Pais.
Exténdese a petición ó CEIP Ribeira onde hai unha alta porcentaxe de alumnado xitano nas aulas.
Este mércores día 17 de Xaneiro, e tras varias reunións cos profesionais dos centros comeza unha colaboracion co IES Ribeira Do Louro e o CEIP Ribeira.
O obxectivo é traballar con eles para facilitar os itinerarios educativos dos menores Xitanos deses centros.
As sesións enmárcanse dentro do PROGRAMA EN FAMILIA TODAS/OS CONTAN na actividade “Escola de Nais e Pais”.
Entendemos que, ser nai ou pai non é soamente dar a vida a un novo ser senon que hai que alimentalo, coidala súa hixiene e ensinarlle hábitos para que saiba desenvolverse na sociedade da que forma parte e na que se vai ver inmerso. É preciso “socializalo” entendendo este concepto como proceso atraveso do cal as nenas e nenos adquiren as normas e valores da sociedade.
Os adolescentes en risco supoñen un sector da poboación que, polas súas circunstancias vitais precisan dunha especial atención desde as institucións e recursos sociais.
A metodoloxía debe ser debe ser activa e participativa, onde os seus membros se convertan en principais protagonistas das actividades e as renoven ou alimenten segundo os seus intereses e necesidades co ánimo de resulten máis factibles e útiles. A iniciativa é un valor fundamental que se debe potenciar xa que, fomenta o espírito crítico, a asunción de responsabilidades e concede valor ó aprendido. Este proceso metodolóxico debe ser construtivo onde debemos ter en conta as vivencias persoais como nais e pais, o nivel de formación, as habilidades e problemáticas existentes así como, todos aqueles recursos dispoñibles no contorno.
← VOLVER A LA PÁGINA PRINCIPAL DE ACTUALIDADGITANOS.ORG
GITANOS EN LA PRENSA